De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os Servizos Centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017
Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
Expediente: 15R001-359-2017.
Interesado: Francisco José Hernández López.
CIF/NIF: 45749202V.
Acto notificado: acordo de inicio de expediente.