Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de novembro de 2017 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 16 de marzo de 2016, ditada no expediente sancionador POL/137/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 13 de setembro de 2017, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 16.3.2016, ditada no expediente sancionador POL/137/2014-RP1.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Florencio Cruz Barreiro, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística