Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 31 de outubro de 2017 pola que se notifica a resolución de imposición dunha sexta multa coercitiva, derivada do expediente sancionador SIL/95/2012.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 19 de setembro de 2017, ditou resolución pola que se impón unha sexta multa coercitiva derivada do expediente sancionador SIL/95/2012, que foi incoado pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na execución dunha vivenda unifamiliar, no lugar de Santa Cristina de Cobres, termo municipal de Vilaboa (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Renato Calvar González, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística