Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2017/56-2, 8528 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMTS, CT e RBTS Valga.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 120 m con orixe no centro de transformación Valga proxectado, condutor tipo RHZ1 240 e final no apoio P-46 existente da LMT Ribadeo 1.

2. Centro de transformación en edificio prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión soterrada, con orixe no centro de transformación Valga proxectado, condutor tipo RV 240, con 4 circuítos (3 enlazan coas redes de baixa tensión existentes e outro CGP AV.08-400A) e final en diferentes clientes.

4. Desmóntanse 120 m de condutor existente entre a arqueta nº 1 e o apoio P-46 (4BF03717), dos cales 10 m se desprazan enlazando co centro de transformación proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 31 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo