Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 690/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Perfecto Muíño Espasandín contra Autoescuela Sousa, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap (mutua colaboradora coa Seguridade Social número 61) e Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou resolución de data 4 de outubro contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Autoescuela Sousa, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 31 de outubro de 2017
O letrado da Administración de xustiza