Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

EDICTO de aprobación da oferta de emprego público 2017.

A Xunta de Goberno local, na sesión do 6.3.2017, acordou aprobar a oferta de emprego público para o exercicio 2017 coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:

Funcionarios de carreira.

– Grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala básica de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial de policía (provisión por promoción interna e concurso-oposición).

– Grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala básica de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 2. Denominación: policía (provisión por oposición en quenda libre).

Persoal laboral fixo.

– Grupo 4B equiparado para os efectos de titulación ao grupo C2 de funcionarios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial 1ª de carpintaría (provisión por oposición en quenda libre).

Moaña, 11 de outubro de 2017

Leticia Santos Paz
Alcaldesa