Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2017 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación de servizos de mensaxaría local, rexional, nacional e xestión de correspondencia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase o procedemento aberto para a contratación de servizos de mensaxaría local, rexional, nacional e xestión de correspondencia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 2/17.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación de servizos de mensaxaría local, rexional, nacional e xestión de correspondencia.

b) División por lotes e número:

Lote 1. Mensaxaría local, rexional e nacional e servizo dedicado.

Lote 2. Manipulación de correspondencia.

c) Lugar de execución: os sinalados no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 24 meses e poderase prorrogar por outros 12 meses máis logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto, documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 80.925,08 € máis IVE de 16.994,27 €. Total de 97.919,35 € dos cales corresponden 53.950,08 € máis 11.329,52 de IVE, total de 65.279,60 €, ao prazo de vixencia inicial (24 meses) e 26.975 € máis 5.664,75 de IVE, total de 32.639,75 €, ao da posible prórroga (12 meses).

Orzamento inicial, desagregación por lotes e prezos unitarios:

Lote 1: 37.450,08 € máis 7.864,52 € de IVE. Total 45.314,60 €.

Mensaxaría local: 3 € + IVE/vulto.

Mensaxaría rexional: 6 € + IVE/vulto.

Mensaxaría nacional *: 9 € + IVE €/vulto.

* Para envíos ás illas Baleares, admítese un incremento de 3 € + IVE.

  Para envíos ás illas Canarias, admítese un incremento de 10 € + IVE.

Servizo dedicado: 800 € + IVE/mes.

Lote 2: 16.500 € máis 3.465 € de IVE. Total: 19.965 €.

– Manipulación correo ordinario: 0,5 € + IVE/unidade.

– Manipulación notificacións administrativas ou certificados 1,00 € + IVE/unidade.

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: (grupos, subgrupos e categoría): no caso do lote 1, a clasificación do licitante no grupo R, subgrupo 9, categoría 1 é suficiente para acreditar a solvencia exixida.

b) Solvencia económico-financeira: ter un volume anual de negocios no ámbito a que se refire esta contratación que, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, sexa polo menos unha vez e media o valor anual medio do lote a que concorre.

Solvencia técnica: a licitante deberá ter executado un conxunto de traballos que garden relación co obxecto do contrato que supoñan cando menos un importe anual acumulado no ano de maior execución do citado periodo, igual ou superior ao 70 % da anualidade media do do lote ao que concorre.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do anuncio do procedemento no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do final do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas): en acto público, o décimo día hábil seguinte ao do final do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas), ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): en acto público, o vixésimo día hábil seguinte ao do final do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas), ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Lote 1. Mensaxaría local, rexional e nacional e servizo dedicado:

Importe anual (IVE non incluído): 60 %.

Tempos de tránsito dos envíos rexionais: 15 %.

Tempos de tránsito dos envíos nacionais: 15 %.

Mellora de desconto por número de vultos nun mesmo envío:10 %.

Lote 2. Manipulación de correspondencia:

Importe anual (IVE non incluído): 80 %.

Mellora de desconto por número de vultos nun mesmo mes: 20 %.

11. Outras informacións.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (de ser o caso): non procede.

14. De ser o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica