Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2016129TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 5 de outubro de 2017, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2016129TA-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Francisco Benito Loira Estévez como titular do establecemento Bar Beni.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Francisco Benito Loira Estévez, titular do establecemento Bar Beni, o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2016129TA-PO.

Interesado: Francisco Benito Loira Estévez, titular do establecemento Bar Beni.

Documento de identificación: 52490891S.

Último enderezo coñecido: rúa Castelao, 51, 36930 Bueu (Pontevedra).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Resolución: inadmisión do recurso por extemporáneo.