Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da obra de clave AC/13/068.02 e unha máis.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http//:www.contratosdegalicia.gal/ (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características). Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, cadro de características, proxecto e soporte dixital na copistaría CopyNino, rúa dos Feáns, nº 19, e Rosalía de Castro, nº 58, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña. Teléfono: 981 58 89 38.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: adaptación ao Plan de baixa IMD da AC-100, p.q. 0+000 ao 5+250, treito: O Barqueiro-Vila de Bares.

Clave do expediente: AC/13/068.02 (E/044/2017).

Orzamento base de licitación: 1.073.245,60 € (IVE excluído). IVE: 225.381,58 €. Importe total: 1.298.627,18 €.

Prazo de execución: 9 meses.

Clasificación: segundo o disposto no punto I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http//:www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=220176 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: reforzo de firme localizado nas estradas AC-413, AC-414,
AC-419, AC-421, AC-422, AC-423, AC-434 e AC-552, entre outras.

Clave do expediente: AC/16/245.02 (E/050/2017).

Orzamento base de licitación: 619.550,26 € (IVE excluído). IVE: 130.105,55 €. Importe total: 749.655,81 €.

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: segundo o disposto no punto I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http//:www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=220179 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (sen IVE). Ver punto H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

b) A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo I.2.A) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

d) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou enviaranse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/, con dous (2) días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo hai que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas