Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2017/449-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforzo LMTS VLG804 Sanxenxo 4.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada en catro (4) actuacións:

– Actuación 1: 272 metros; orixe: centro de transformación (CT) rúa Vigo; final: arqueta existente na VLG804 Sanxenxo 4 facendo entrada e saída no CT rúa Trece.

– Actuación 2: 155 metros; orixe: arqueta existente na VLG804 Sanxenxo 4; final: arqueta proxectada na VLG804 Sanxenxo 4 facendo entrada e saída no CT Residencial Pinamar.

– Actuación 3: 316 metros; orixe: arqueta proxectada na VLG804 Sanxenxo 4; final: arqueta proxectada na VLG804 Sanxenxo 4 facendo entrada e saída nos CCTT Residencial Vicaño e praia Silgar.

–Actuación 4: 648 metros; orixe: arqueta existente na VLG804 Sanxenxo 4; final: arqueta existente na VLG804 Sanxenxo 4 facendo entrada e saída nos CCTT Baltar e Infantaría de Mariña.

A instalación está situada nas parroquias de Padriñán e Adina (Sanxenxo).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción desta resolución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 23 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra