Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53673

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia-Europa

EXTRACTO do Anuncio do 16 de novembro de 2017 polo que se convoca unha bolsa de formación práctica para persoas tituladas superiores universitarias en materia de financiamento comunitario de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación.

BDNS (identif.): 371810.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das bolsas serán persoas tituladas universitarias con nacionalidade española ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea.

Deberán ser naturais de Galicia, ser fillos/fillas de galegos ou acreditar residencia en Galicia desde antes do 1 de xaneiro de 2015.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto convocar unha bolsa de formación práctica para persoas tituladas superiores universitarias en materia de financiamento comunitario de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación para o ano 2018.

O lugar de desenvolvemento da bolsa será a oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, podendo realizar breves períodos formativos nas dependencias de Gain en Santiago de Compostela.

As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras do procedemento están recollidas na Orde do 6 de novembro de 2017, pola que que se autoriza á Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación práctica para persoas tituladas superiores universitarias en materia de financiamento comunitario de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).

Cuarto. Importe

O financiamento desta bolsa será de 17.540,00 € que se imputarán á aplicación orzamentaria 05.26.111E.443.02 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma Galega para o ano 2018.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa