No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web:
http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a I mediante a modalidade contractual para a realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica regulado na lexislación vixente que resulte de aplicación, particularmente, polo disposto nos artigos 12 e 15 do Estatuto dos Traballadores modificado polo Real decreto lei 10/2010; pola Lei 12/2001, con especial referencia aos termos da disposición adicional sétima; pola Lei 14/2011 e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o referido artigo 15 do Estatuto dos traballadores.
Proxecto que se vai desenvolver: obxectivos do Plan de innovación e mellora forestal de Galicia 2010-2020.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria