Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53668

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial de estudo de detalle.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 25 de outubro de 2017, acordou aprobar inicialmente o documento denominado estudo de detalle para reaxuste de aliñacións, presentado por Ramón Iglesias Leboráns e redactado polo arquitecto Luis Antonio Garea Rodríguez, do 3.7.2017, presentado no Concello o 17.7.2017 (r.e. 3148), para o reaxuste de aliñacións das parcelas con referencias catastrais 15013B50300287, 15013B50300286 e 7920405NH2472S, que dan fronte á estrada AC-300, no lugar de Sabaxáns (Bastavales).

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Brión, 30 de outubro de 2017

José Luis García García
Alcalde