Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53567

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no segundo cuadrimestre do exercicio 2017.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Artigo único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no segundo cuadrimestre do exercicio 2017, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe (€)

2017

2018

2ª addenda ao convenio de colaboración entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica, para a realización de accións de formación e titorización no marco de espazos de coworking

5.5.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Asociación para el Progreso de la Dirección, a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia, o Club Financiero Atlántico, o Club Financiero de Santiago de Compostela e o Instituto Galego de Promoción Económica, para a mellora das competencias directivas

6.6.2017

146.000,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia Galega das Industrias Culturais, para cofinanciar o evento Conecta Fiction

8.6.2017

80.000,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Xoves Empresarios, para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto GEM) en España a nivel rexional

19.6.2017

28.000,00

Convenio de colaboración entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), para o desenvolvemento da estratexia Industria Conectada 4.0

4.7.2017

103.950,00

Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000,00 euros, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (liña pequenas empresas)

14.7.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 euros, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (liña microempresas)

14.7.2017

25.000,00

75.000,00

Protocolo de actuación entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO), para apoiar os investimentos das empresas galegas

20.7.2017

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración, asinado o 20 de maio de 2013, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Caixa Emprendedor XXI (grupo La Caixa), para a organización do Premio Emprendedor XXI

21.7.2017

Sen achega económica