Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 518/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 518/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Veleiro Rendo contra Mármoles Alende, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017.

Sentenza:

Decisión:

Estimo a demanda en materia de despedimento interposta pola representación procesual da parte demandante e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante con Mármoles Alende, S.L. con data desta resolución, e condeno a Mármoles Alende, S.L. ao aboamento dos salarios de trámite, calculados a razón de 56,45 euros/día.

En concepto de indemnización, debe aboar ao demandante a cantidade de 71.121,99 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza