Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións, comunícase que:
Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES69 0081 5363 2000 0108 2918 do Banco de Sabadell, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).
Para que conste e sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Monforte de Lemos, 16 de outubro de 2017
Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos
ANEXO
Suxeito pasivo |
DNI/NIF |
Concepto |
Período |
Débeda |
García Vega León |
Fra. 201750570 |
28.9.2017 |
361,59 |
|
Cioranu --- Vasile |
X09705397H |
Fra. 201750578 |
28.9.2017 |
442,29 |
García García Isabel |
033340803A |
Fra. 201750590 |
28.9.2017 |
361,59 |