Visto o acordo da comisión mixta paritaria do II convenio colectivo autonómico para a actividade arqueolóxica 2015-2018 (código 82001025011900), subscrito entre a Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía e a Federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Centros de Chamadas da Confederación Intersindical Galega o 21 de decembro de 2016, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
A Secretaría Xeral de Emprego
ACORDA:
Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego
Acta da reunión ordinaria da comisión mixta paritaria
II convenio colectivo de arqueoloxía de Galicia (2015-2018)
Ao abeiro do establecido no artigo 9 do II convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade arqueolóxica 2015-2018 (DOG núm. 107, do 9 de xuño de 2015) celebrouse reunión ordinaria da comisión mixta paritaria (en diante, CMP) o día 21 de decembro de 2016, nos locais da CIG de Pontevedra, ás 17.30 horas, en convocatoria única.
Compareceron, como representantes da Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía (en diante, AEGA): Xoán Carlos Castro Carrera e Manuel Alfonsín Soliño, e como representantes da Asemblea de Traballadores de Arqueoloxía de Galicia (en diante, ATAG): Lino Gorgoso López e Iria Salvande Lorenzo.
Na presente reunión alcanzáronse os seguintes acordos:
• Procedeuse ao relevo da presidencia e das secretarías da comisión, segundo os acordos alcanzados na reunión constitutiva da CMP do 25.9.2015. Deste xeito, a Presidencia da CMP estará a cargo de Manuel Alfonsín Soliño, durante os exercicios 2017 e 2018; a Secretaría en representación da AEGA estará a cargo de Xoán Carlos Castro Carrera e, a Secretaría en representación da ATAG estará a cargo de Lino Gorgoso López.
• Acórdase, por unanimidade, ratificar o calendario laboral para o ano 2017, establecido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, no Decreto 76/2016, do 9 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2017 (DOG núm. 128, do 7 de xullo). Así mesmo, de xeito excepcional só para o ano 2017, por coincidiren en domingo os días 24 e 31 de decembro (días non laborables segundo o convenio), arrogámonos a facultade de opción e substitución polo mércores 7 de decembro e polo martes 26 de decembro. Deste xeito, o número total de xornadas de traballo para o ano 2017 queda establecido en 244. Achegamos un anexo coa relación dos festivos.
• Acórdase unha suba salarial do 1 % para todas as categorías do convenio, tanto no salario base coma nos complementos salariais. Achegamos un anexo coa táboa salarial revisada para o ano 2017.
Pontevedra, 21 de decembro de 2016
– Pola AEGA:
Manuel Alfonsín Soliño
Xoán Carlos Castro Carrera
– Pola ATAG:
Lino Gorgoso López
Iria Salvande Lorenzo
ANEXO I
Lista de xornadas festivas do II convenio colectivo de arqueoloxía
de Galicia para o ano 2017
6 de xaneiro: Día de Reis.
13 de abril: Xoves Santo.
14 de abril: Venres Santo.
1 de maio: Día do Traballo.
17 de maio: Día das Letras Galegas.
25 de xullo: Día de Galicia.
15 de agosto: a Asunción.
12 de outubro: Día da Hispanidade.
1 de novembro: Todos os Santos.
6 de decembro: Día da Constitución.
7 de decembro: non laborable por convenio (substitúe ao 31 de decembro).
8 de decembro: a Inmaculada.
25 de decembro: Nadal.
26 de decembro: non laborable por convenio (substitúe ao 24 de decembro).
Recordamos que non figuran nesta lista dúas datas correspondentes aos festivos locais de cada concello.
ANEXO II
Táboa salarial ano 2017
|
2017 |
Grupo |
Categoría |
Salario base |
Comp. asistencia |
Vacacións |
PP. EE. |
Comp. transporte |
Salario bruto mes |
|
I |
Director/a |
1.435,14 € |
184,18 € |
134,94 € |
269,89 € |
328,91 € |
2.353,06 € |
|
|
Técnico/a |
952,74 € |
184,18 € |
94,74 € |
189,49 € |
328,91 € |
1.750,06 € |
||
|
Arqueólogo empresa |
947,26 € |
184,18 € |
94,29 € |
188,57 € |
109,63 € |
1.523,93 € |
||
|
II |
Técnico/a especialista |
947,26 € |
184,18 € |
94,29 € |
188,57 € |
219,26 € |
1.633,56 € |
|
|
III |
Auxiliar de arqueoloxía |
760,87 € |
184,18 € |
78,75 € |
157,51 € |
274,08 € |
1.455,39 € |
|
|
IV |
Xefe/a administrativo/a |
809,17 € |
184,18 € |
82,78 € |
165,56 € |
109,64 € |
1.351,33 € |
|
|
Oficial administrativo/a |
778.41 € |
184,18 € |
80,22 € |
160,43 € |
109,64 € |
1.312,88 € |
||
|
Auxiliar administrativo/a |
714,84 € |
184,18 € |
74,92 € |
149,84 € |
109,64 € |
1.233,42 € |


