Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53872

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2017 pola que se da publicidade ás persoas investigadoras premiadas en virtude da Resolución do 30 de outubro de 2017 pola que se aproban e publican as bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2017.

Mediante Resolución do 30 de outubro de 2017 (DOG núm. 216, do 14 de novembro), aprobáronse e publicáronse as bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2017.

O xurado destes premios fixo unha revisión bibliográfica dos artigos que cumpren cos requisitos previstos nas bases reguladoras, avaliándoos segundo os criterios de selección establecidos, tal como se recolle no artigo 8 das referidas bases.

O 20 de novembro o xurado reuniuse para poñer en común a avaliación dos artigos científicos e propor no acordo de concesión as dúas persoas galardoadas.

O 20 de novembro recibiuse a aceptación expresa das persoas propostas e a acreditación da súa vinculación a un centro ou institución galega incluído no ámbito de aplicación destas bases no momento da elaboración do artigo.

As ditas bases establecían no artigo 9 que a persoa titular da Presidencia da Axencia de Xestión do Coñecemento en Saúde ditará a resolución do premio que será inapelable, e farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e das páxinas web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es e da axencia www.acis.sergas.es

Crédito orzamentario: catro mil cincocentos euros (4.500 €), con cargo á aplicación orzamentaria 2017-11A1-561C-640.1/Proxecto 2016/00004 dos orzamentos do ano 2017 da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde:

a) Primeiro premio cunha dotación de tres mil euros (3.000 €).

b) Segundo premio cunha dotación de mil cincocentos euros (1.500 €).

No que se refire ás persoas investigadoras premiadas, véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO
Persoas premiadas

Persoas autoras

Título do artigo

Centro ou institución galega

Importe
do premio

Andrés Tabernilla García

European mitochondrial haplogroups impact on liver fibrosis progression among hcv and HIV/HCV-coinfected patients from northwest Spain

Grupo de Viroloxía Clínica, Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic)

3.000 €

Isabel Campos Varela

Treatment of severe recurrent hepatitis C after liver transplantation in HIV infected patients using sofosbuvir-based therapy

Universidade de Santiago de Compostela (Clinursid)

1.500 €