Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2017 Páx. 53958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de nova convocatoria do procedemento aberto para a adxudicación do contrato de xestión do servizo de axuda no fogar.

De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local do 13 de novembro de 2017, e tras o desestimento do anterior procedemento convocado a medio de anuncio no BOPPO número 153, do 10 de agosto e no DOG número 163, de 29 de agosto de 2017, debido a irregularidades constitutivas de infracción grave no acto de apertura das propostas celebrado o día 18 de setembro de 2017 (artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro), por medio do presente anuncio efectúase nova convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo de axuda no fogar, na modalidade de dependencia, do Concello de Arbo, durante as fins de semana e festivos, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Arbo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servizo de axuda no fogar (SAD) na modalidade de dependencia durante as fins de semana e festivos.

b) Prazo de duración: un ano, prorrogable por outro.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Tipo de licitación: o prezo/hora máximo de licitación sería 14,25 euros/hora máis 0,57 euros/hora de IVE, dando un total de 14,82 euros/hora. En ningún caso, o prezo/hora poderá superar esta contía.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Arbo.

b) Domicilio: praza Consistorio, nº 1.

c) Localidade e código postal: Arbo (Pontevedra) 36430.

d) Teléfono: 986 66 50 00.

e) Fax: 986 66 50 11.

f) Correo electrónico: secretaria.concellodearbo@gmail.com

7. Criterios de valoración das ofertas: serán os recollidos na cláusula 15ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

a) Criterios dependentes de xuízo de valor: 49 puntos: programa de explotación do servizo.

b) Criterios de valoración automática: 50 puntos: prezo/hora do servizo.

9. Presentación de ofertas.

a) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Arbo, praza Consistorio, nº 1, 36430 Arbo (Pontevedra).

b) Prazo: quince (15) días naturais contado desde o seguinte ao da publicación do último anuncio (BOPPO ou DOG).

c) Documentación e formalidades: segundo a cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas.

10. Apertura das ofertas: ás 10.00 horas do terceiro día hábil a aquel no que remate o prazo sinalado para a presentación de propostas na Casa do Concello.

11. Mesa de contratación: a súa composición será a prevista na cláusula 13ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. As informacións relativas á convocatoria e os pregos poderán obterse no seguinte enderezo: https://plataformadecontratacion.xunta.es/

Arbo, 14 de novembro de 2017

Horacio Gil Expósito
Alcalde