Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54197

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 23 de outubro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se dá publicidade da Resolución ST 1/2017 da mesma data pola que se convocan, para vinculacións temporais, por concurso de méritos, varias prazas de facultativo especialista.

O xerente da Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a vinculacións temporais, por concurso de méritos, de varias prazas de facultativo especialista.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes poderanse presentar nos rexistros da Xestión Integrada de Vigo no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de outubro de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo