Mediante Resolución do 18 de setembro de 2017 publicouse o acordo do Consello de Dirección que aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión, e procedeuse á súa convocatoria (DOG nº 184, do 27 de setembro).
Por Resolución do 8 de novembro de 2017 (DOG nº 217, do 15 de novembro), ampliouse o prazo de presentación de solicitudes co fin de acadar a integración efectiva dun número máis alto do previsto de entidades colaboradoras, que tiveron que adaptar os seus sistemas para traballar coa aplicación establecida polo Igape, e para incrementar no posible a oportunidade de acollerse ás axudas por parte dos beneficiarios.
Inicialmente, o crédito ascendía a 1.800.000,00 €. O éxito que está tendo este programa, tanto na súa vertente de axuda ás familias como de apoio sectorial, aconsella ampliar o crédito dispoñible para o 2017.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único. Amplíase para o exercicio 2017 o crédito establecido na partida orzamentaria 09.A1-741A-7802 en 1.000.000,00 € das bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), quedando establecido do seguinte xeito:
Ano |
Importe |
2017 |
2.800.000,00 € |
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica