Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (435/2017).

DSP. Despedimento/cesamento en xeral 435/2017-M

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Manuel Rodríguez Martínez

Avogado: José Ignacio Lorenzo Rubín

Demandados: Fogasa, Transportes Garlez, S.L., Planway Noroeste, S.L., Cargo Rioja, S.L., Planway Logística, S.L., Legar Financial & Rent, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 435/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rodríguez Martínez contra Transportes Garlez, S.L., Planway Noroeste, S.L., Cargo Rioja, S.L., Planway Logística, S.L., Legar Financial & Rent, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se acordou citar a Planway Logística, S.L. e a Legar Financial & Rent, S.L., en paradoiro descoñecido, para que comparezan na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 25 de xaneiro de 2018, ás 12.05 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse. Advírteselles que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Así mesmo, advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, deberán pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de citación a Planway Logística, S.L., Legar Financial & Rent, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido a presente cédula.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza