Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54322

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18 (ED101C).

BDNS (Identif.): 372152.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Destinatarios

Os centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.

Segundo. Obxecto

A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2017/18 (ED101C), e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18 (ED101C).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 300.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de xaneiro de 2018.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria