No Boletín Oficial da provincia núm. 221, do 17 de novembro de 2017, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2016:
– Unha praza de técnica ou técnico en Comunicación, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre.
– Dúas prazas de técnica ou técnico de Proxectos, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integradas no grupo A2, por quenda libre.
– Unha praza de enxeñeira técnica, enxeñeiro técnico ou axudante de Obras Públicas, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre.
– Dúas prazas de educadora ou educador, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integradas no grupo A2, por quenda libre.
– Dúas prazas de técnica ou técnico auxiliar en Educación Diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar e integradas no grupo C1, por quenda libre.
– Dúas prazas de técnica ou técnico auxiliar en Educación Nocturna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar e integradas no grupo C1, por quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.
Pontevedra, 17 de novembro de 2017
A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado da Deputación Provincial de Pontevedra