Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 26 de outubro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifican a varias persoas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados.

Mediante esta cédula e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES69 0081 5363 2000 0108 2918 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpor no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Monforte de Lemos, 26 de outubro de 2017

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Casas Baamonde María Emilia

002179185G

Fra. 201750569

28.9.2017

401,94

Gaspar --- Idania De Nazare

Fra. 201750571

28.9.2017

175,09

Mcnaughton --- Iain Alisdair

X09900419T

Fra. 201750574

28.9.2017

361,59

De La Cruz Vasquez Mariela

X09066943K

Fra. 201750577

28.9.2017

361,59

Díaz Anglada Antonio

034259625K

Fra. 201750583

28.9.2017

401,94

Chajare Hamid

X07523648A

Fra. 201750584

28.9.2017

401,94

Roman Simon Ana

028768740H

Fra. 201750586

28.9.2017

482,64

Walenga --- Kyra Katheryn Irena

Y04876410X

Fra. 201750587

28.9.2017

361,59

Diallo --- Ibrahima

Fra. 201750591

28.9.2017

361,59