Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente e criterio prezo, do contrato privado de seguro (póliza) para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo, con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar e no deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos) no período 2018-2020 (expediente 1/2018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato privado de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de seguro para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo, con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar e no deporte federado en idade escolar na anualidade 2018-2020.

c) Prazo de execución: dous (2) anos contados desde o inicio do período de cobertura.

d) Admisión de prórrogas: si, poderá prorrogarse por un período de oito (8) meses máis.

e) CPV: 66510000-8 (servizos de seguros).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado: 5.666.667,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 4.000.000,00 euros (exento de IVE), conforme a seguinte distribución por anualidades:

2018: 1.916.667,00 euros.

2019: 2.000.000,00 euros.

2020: 83.333,00 euros.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e no seu cadro de características.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa de Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 49 e 881 99 63 52. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=220187

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do día 15 de decembro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo PCAP.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa de Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56). Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa de Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de contratos públicos de Galicia.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 6 de novembro de 2017.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte