Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade da concesión de explotación Lorena número 4729.1, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á sociedade Iparena, S.L.U., con último enderezo coñecido na rúa Manuel Quiroga, nº 5-5ª, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), como titular, o acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión de explotación Lorena nº 4729.1, pola causa prevista na Lei de minas do 21 de xullo de 1973 (artigo 86), e o Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978 (artigo 109).

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e xustificación que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015. De non efectuaren alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación do expediente de caducidade proseguirá a súa tramitación.

Ourense, 16 de novembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense