Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54481

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se publica a concesión dos Premios Smart Commerce de Galicia 2017 convocados pola Orde do 1 de xuño de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xuño).

De conformidade co disposto no artigo 10 das bases reguladoras, procédese á publicación da concesión dos Premios Smart Commerce de Galicia 2017 convocados pola Orde do 1 de xuño de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xuño), que figura no anexo a esta resolución.

Norma reguladora: Orde do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Smart Commerce de Galicia 2017 (código de procedemento IN214C).

Finalidade da subvención: Premios Smart Commerce de Galicia 2017.

Crédito orzamentario: 9.500,00 €.

Aplicación orzamentaria: 09.30.751A.480.0.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo

ANEXO

– Premio smart commerce galicia, cunha contía de 3.000 euros, na cal se incluirá o premio correspondente á provincia:

Mercedes Zaldívar Díaz-Ureña (Las Merceditas de Iria).

– Premio Smart-Commerce Provincial, cunha contía de 1.500 euros por provincia:

A Coruña: Mª Esther Gómez Suárez (Libraría Moito Conto).

Ourense: Pilar López López (Clothes&co).

Pontevedra: Mercedes Zaldívar Díaz-Ureña (Las Merceditas de Iria).

– Premio E-Commerce, cunha contía de 1.000 euros:

Filament2print, S.L.

– Premio Social-Commerce, cunha contía de 1.000 euros:

Elena Gómez Otero (Blue Popelina).