Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a contratación por lotes do contrato de servizos de xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol, Ourense, Pontevedra e Vigo. Contratación documentalmente simplificada (expediente PA 59/2017).

A Consellería de Política Social, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: PA 59/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol, Ourense, Pontevedra e Vigo.

b) Nº de lotes: 4.

c) Lugar de execución: Ferrol, Ourense, Pontevedra e Vigo.

d) Prazo de execución: desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2019.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia nomenclatura): 8532000-8 servizos sociais.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificado e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación: oitocentos trinta e sete mil setecentos trinta e tres euros con oitenta e oito céntimos (837.733,88 €), aos cales se lle engaden cento setenta e cinco mil novecentos vinte e catro euros con doce céntimos (175.924,12 €), que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é dun millón trece mil seiscentos cincuenta e oito euros (1.013.658,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, sen incluír o IVE, do contrato ou lote do que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica-Servizo de Xestión Económica.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: 981 54 56 69-881 99 53 30.

e) Fax: 981 54 46 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusulas 5.4.7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais seguintes, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante a apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=224984.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social