Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54603

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial, mediante a Resolución 4501/2017, do complementario do proxecto de expropiación da parcela que constitúe espazo viario na rúa Celso Emilio Ferreiro.

Por Resolución desta alcaldía número 4501, de data 14 de novembro de 2017, acordouse aprobar inicialmente o complementario do proxecto de expropiación de 52,20 m2 que completa a parcela no seu día expropiada que constitúe espazo viario na rúa Celso Emilio Ferreiro, en Serantes, en execución firme da sentenza ditada no PO 211/2012.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, durante o prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 17 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto 4302/2017, do 3 de novembro)
Mª José Varela Neira
Alcaldesa en funcións