1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Cixtec.
2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
4º. Teléfono: 981 54 13 37.
5º. Telefax: 981 54 12 70.
6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es.
8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2017-0033.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo para a evolución funcional do Sistema de xestión de riscos, mediante tramitación documentalmente simplificada.
c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: 24 meses.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 72212000-4.
3. Requisitos mínimos de solvencia.
a) Solvencia económica e financeira.
Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nun dos tres últimos exercicios que supera a contía de 41.250,00 € de volume de negocios. No caso de empresas cuxo período de actividade non abrangue os tres últimos exercicios, é necesario presentar a cifra de negocios do período de actividades da empresa, que deberá ser superior, en todo caso, á contía referida anteriormente, por ano ou fracción de ano acreditado.
O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no dito rexistro e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.
b) Solvencia técnica ou profesional.
Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nos últimos cinco anos a realización de traballos similares ao obxecto deste prego, cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 27.500,00 €, IVE non incluído.
Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse da seguinte forma:
– Cando o destinatario sexa unha entidade do sector público: mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente.
– Cando o destinatario sexa un suxeito privado: mediante un certificado expedido por este ou mediante unha declaración do empresario.
c) O equipo mínimo que deberá asignar ao proxecto consistirá en:
– 1 xefe de proxecto.
– 1 técnico.
Considerarase solvente o licitador que acredite que cada un dos compoñentes do equipo mínimo proposto para a execución do contrato, participou, polo menos, nun proxecto de similares características técnicas e funcionais ás definidas no prego de prescripcións técnicas, durante, polo menos, 6 meses nos últimos 5 anos.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Forma: pluralidade de criterios.
c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Valor estimado do contrato.
Importe: 55.000,00 euros.
6. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 55.000,00 euros. Importe total: 66.550,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2017: 18.150,00 €.
Exercicio 2018: 24.200,00 €.
Exercicio 2019: 24.200,00 €.
7. Garantías exixidas.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
8. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (se for o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.
b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex.
2º. Documentación presentada en sobre pechado:
Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.
Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Cixtec.
b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Descrición: a data e hora das mesas de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil de contratante e comunicaranse aos licitadores.
11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017
M. Mauro Fernández Dabouza
Director do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable