Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, do acordo marco do servizo para a elaboración, produción e plan de medios das campañas de promoción dos ámbitos competenciais atribuídos á Consellería de Infraestruturas e Vivenda e as súas entidades adscritas durante 2018 (anticipado de gasto) (expediente 2/2018 SXT).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 43 23.

5º. Telefax: 981 54 43 66.

6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=225402.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2/2018 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: o obxecto do acordo marco é a selección dun único empresario para a elaboración, produción e plan de medios das campañas de promoción dos ámbitos competenciais atribuídos á Consellería de Infraestruturas e Vivenda e as súas entidades adscritas durante o ano 2018.

c) Prazo de vixencia: o prazo de vixencia do acordo marco esténdese desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2018, de acordo co establecido no punto K do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na letra J do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado dos contratos derivados do acordo marco: 1.272.727,27 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.157.024,79 €. Importe total: 1.400.000,00 €.

b) Garantías exixidas:

Definitiva (%): dada a natureza do acordo marco non se exixe. Non obstante, na adxudicación dos contratos derivados deste acordo marco será necesaria a constitución de garantía definitiva por importe do 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído) do contrato correspondente.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada nas letras F e G do seu cadro de características.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 de xaneiro de 2018 ás 19.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

9. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas: 29 de novembro de 2017.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda