Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54664

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (721/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 721/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Vanessa Rodríguez Canzobre, Hugo Meilán Rodríguez contra Francisco José Cabeza, S.L., Construcciones Nansus, Construciones Eugenio Nava Viar, S.A., Reforlema, S.L., Constructora San José, S.A., Fogasa, sobre reclamación de cantidade p. ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Vanessa Rodríguez Canzobre, en nome e representación do menor Hugo Meilán Rodríguez, contra as entidades Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L., e Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A., Francisco José Cabeza, S.L., e Constructora San José, S.A. e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas contra elas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Reforlema, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza