Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de funcionario (auxiliar administrativo).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 205, do 25 de outubro de 2017, publicouse o anuncio do Acordo da Xunta de Goberno Local, do 5 de outubro de 2017, polo que se aprobaron as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de persoal funcionario de carreira (escala de Administración xeral, subescala auxiliar) mediante concurso-oposición.

As bases da convocatoria tamén están expostas no taboleiro de anuncios do Concello e na súa sede electrónica (orosal.sedelectronica.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O Rosal, 31 de outubro de 2017

Jesús María Fernández Portela
Alcalde