A. Contrato de obras consistente na mellora de eficiencia enerxética do edificio de vivendas protexidas situado na praza José Cándido Paz Ares núm. 4-5-6 en Melide (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Expediente: C-2016/REE 05.
1. Entidade adxudicadora.
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: obras de illamento térmico polo exterior en edificación residencial para mellora de eficiencia enerxética.
b) Prazo de execución: tres (3) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.
c) Forma: unicriterio.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: douscentos oito mil novecentos cincuenta e un euros con sete céntimos (208.951,07 €), IVE excluído.
b) IVE (21 %): corenta e tres mil oitocentos setenta e nove euros con setenta e dous céntimos (43.879,72 €).
c) Importe total: douscentos cincuenta e dous mil oitocentos trinta euros con setenta e nove céntimos (252.830,79 €).
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 25 de outubro de 2017.
b) Data de formalización do contrato: 2 de novembro de 2017.
c) Contratista: Petrolam Infraestructuras, S.L.
d) Importe de adxudicación: cento sesenta e dous mil novecentos sesenta euros con noventa e catro céntimos (162.960,94 €).
e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.
B. Contrato de obras consistente na mellora de eficiencia enerxética do edificio de vivendas protexidas situado na rúa Menéndez Pelayo, núm. 15-17, Vigo (Pontevedra) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Expediente: PO-2016/REE 01.
1. Entidade adxudicadora.
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: obras de illamento térmico polo exterior en edificación residencial para mellora de eficiencia enerxética.
b) Prazo de execución: catro (4) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.
c) Forma: unicriterio.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: trescentos noventa e dous mil oitocentos corenta e seis euros con noventa e tres céntimos (392.846,93 €), IVE excluído.
b) IVE (21 %): oitenta e dous mil catrocentos noventa e sete euros con oitenta e seis céntimos (82.497,86 €).
c) Importe total: catrocentos setenta e cinco mil trescentos corenta e catro euros con setenta e nove céntimos (475.344,79 €).
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 25 de outubro de 2017.
b) Data de formalización do contrato: 2 de novembro de 2017.
c) Contratista: O3 Servicios y Contratas, S.L.
d) Importe de adxudicación: trescentos tres mil corenta e dous euros con doce céntimos (303.042,12 €).
e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.
C. Contrato de obras de reparación interior de vivendas en Ferrol, A Coruña. Expediente C-2016/REP 03.
1. Entidade adxudicadora.
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: obras de reparacións menores en vivendas propiedade do IGVS en Ferrol, A Coruña.
b) Prazo de execución:
Lotes 5 e 8 = 1,5 meses en total.
Lote 6 = 1,5 meses.
Lote 3 = 1 mes.
Lotes 1, 2, 4, 7 e 9 = 2 meses en total.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.
c) Forma: unicriterio.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: cento dezasete mil seiscentos setenta euros con sesenta e oito céntimos (117.670,68 €).
b) IVE (21 %): vinte e catro mil setecentos dez euros con oitenta e catro céntimos (24.710,84 €).
c) Importe total: cento corenta e dous mil trescentos oitenta e un euros con cincuenta e dous céntimos (142.381,52 €).
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 30 de outubro de 2017.
b) Data de formalización do contrato, adxudicatario e importe de adxudicación:
Núm. de lote |
Formalización do contrato |
Adxudicatario |
Importe (sen IVE) |
1 |
8.11.2017 |
Servicios Integrales de Gestión y Mantenimiento, S.A. |
8.782,55 € |
2 |
8.11.2017 |
Servicios Integrales de Gestión y Mantenimiento, S.A. |
7.120,24 € |
3 |
2.11.2017 |
Prosema Noroeste, S.L. |
8.130,00 € |
4 |
8.11.2017 |
Servicios Integrales de Gestión y Mantenimiento, S.A. |
8.438,98 € |
5 |
2.11.2017 |
Ingeniería y Construcciones Melcor, S.L. |
14.637,96 € |
6 |
3.11.2017 |
Saidres de Trasdeza, S.L. |
14.114,00 € |
7 |
8.11.2017 |
Servicios Integrales de Gestión y Mantenimiento, S.A. |
11.252,13 € |
8 |
2.11.2017 |
Ingeniería y Construcciones Melcor, S.L. |
10.225,02 € |
9 |
8.11.2017 |
Servicios Integrales de Gestión y Mantenimiento, S.A. |
8.558,44 € |
b) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo