Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de novembro 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza nos centros IPMP de Vigo, EONP de Ribeira, Igafa da Illa de Arousa, EONP de Ferrol e aulas de formación pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro (expediente 12/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza nos centros IPMP de Vigo, EONP de Ribeira, Igafa da Illa de Arousa, EONP de Ferrol e aulas de formación pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=187768

d) Diario oficial e data de publicación dos anuncios de licitación: DOUE do 8 de agosto de 2017; BOE do 16 de agosto e DOG do 11 de agosto.

e) División por lotes e número: non leva.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe do contrato: 357.024,72 €. IVE (21 %): 74.975,19 €. Importe total: 431.999,91 €.

Valor estimado: 714.049,44 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 6 de outubro de 2017.

b) Adxudicataria: Limpieza de Edificios Iberclean, S.L., con NIF B36908820.

c) Importe de adxudicación: 362.047,40 € (incluído IVE).

d) Data de formalización do contrato: 15 de novembro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ofertou o prezo (único criterio de adxudicación do contrato) máis baixo e cumpriu cos requisitos técnicos establecidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar