Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución da solicitude de recusación do instrutor no expediente sancionador PSC-PO-0828/2017-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución da solicitude de recusación do instrutor no expediente sancionador PSC-PO-0828/2017-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Vigo, 21 de novembro de 2017

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0828/2017-PPM

Juan R. Otero López

36025408W

Resolución recusación do instrutor

Barrio A Torre, 3, Baiona