Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 55038

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ACORDO do 20 de novembro de 2017 polo que se nomea xerente.

Mediante o Acordo do 1 de marzo de 2017, publicado no Diario Oficial de Galicia número 69, do venres 7 de abril, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de xerente.

De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o nomeamento lle corresponde ao Consello de Administración e que a resolución do proceso selectivo se publicará no Diario Oficial de Galicia. En virtude do anterior, o Consello de Administración celebrado o 20 de novembro de 2017

ACORDOU:

Con base na proposta do tribunal de selección, nomear xerente a María Doporto Santos.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

Heriberto García Porto
Presidente do Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.