Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (534/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 534/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván José Coto Gestal contra a empresa Industrias Caamaño, S.L., o Fogasa e Tracerox, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Iván José Coto Gestal, con citación do Fogasa, contra a empresa Tracerox, S.L. e Industrias Caamaño, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante por parte da entidade Tracerox, S.L., e condeno esta a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 25.038,43 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 53,33 euros/día, con absolución de Industrias Caamaño, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Caamaño, S.L. e Tracerox, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza