Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 2 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se acorda notificar o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2017/00166).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan para que no prazo de quince (15) días, contado desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará logo do ditado da correspondente resolución.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, se é o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 2 de novembro de 2017

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesados

DNI/equivalente

OU-2017/00166

Soraya María Gómez Castro

47871677Y

OU-2017/00166

Fathi Falil

15U007139