Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 9 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia a persoa interesada no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2015/0178).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa mencionada no anexo no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expediente LU-2015/0178, porque non foi posible realizarlle a notificación persoalmente.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

As persoas interesadas poden consultar o expediente mencionado na sede da Xefatura Territorial de Lugo; rolda da Muralla, núm. 70-1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 9 de novembro de 2017

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

LU-2015/0178

Gemma Libertad Guzmán Luna

G13674326