Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, para contratar o servizo de xestión e dirección do centro Valverde para a execución de programas de emancipación en réxime de acollemento residencial tutelado (8 prazas).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: 23/2017.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=170827

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: xestión e dirección do centro Valverde para a execución de programas de emancipación en réxime de acollemento residencial tutelado (8 prazas).

c) Lotes: non.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 123, do día 29 de xuño de 2017.

f) Lugar de execución: Allariz (Ourense).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 314.160,00 € con IVE.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de setembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2017.

c) Vixencia: desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de xuño de 2019.

d) Contratista: Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector-IGAXES3.

e) Importe de adxudicación por anualidades (IVE exento): ano 2017: 35.100,00 €, ano 2018: 140.400,00 € e ano 2019: 70.200,00 €.

f) Nacionalidade: española.

g) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa mediante a aplicación dos criterios obxectivos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social