Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 224/2015 por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones Seicas 2007, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 7.11.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Resolución:
Estímase a demanda formulada por Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Construcciones Seicas 2007, S.L.U., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Construcciones Seicas 2007, S.L.U. a aboar á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de mil setecentos cincuenta e tres euros con cincuenta céntimos de euro (1.753,50 euros) en concepto de achega á indicada fundación, incluída recarga por demora.
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.
A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Seicas 2007, S.L.U., expido e asino a presente.
A Coruña, 13 de novembro de 2017
A secretaria xudicial