Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55478

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria mediante concurso-oposición para seleccionar a persoa que será contratada para o posto de asesor xurídico no Centro de Información á Muller.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 21 de novembro, acordou convocar concurso-oposición, para poder seleccionar a persoa que será contratada para desempeñar o posto de traballo de asesor xurídico no Centro de Información á Muller, na modalidade de contrato de interinidade, a tempo parcial, cunha xornada de doce horas semanais, por un tempo de duración que comprenderá ata que se produza a reincorporación da traballadora que se atopa en situación de excedencia forzosa por estar desempeñando un cargo público.

As bases estarán á disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais e na páxina web do concello.

O prazo de presentación de solicitudes, coa documentación requirida na base 7ª das aprobadas na dita sesión, será de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O resto de anuncios relativos a este procedemento de selección difundiranse mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da casa do concello e na páxina web do concello.

Arzúa, 29 de novembro de 2017

José Luis García López
Alcalde