Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obra para a rehabilitación dun edificio para unha vivenda de promoción pública na rúa Recanto do Miño número 17, Lugo (expediente LU-2016/CH 03).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación dun edificio para unha VPP na rúa Recanto do Miño núm. 17, Lugo.

b) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: oitenta mil vinte e sete euros con sesenta e oito céntimos (80.027,68 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): oito mil dous euros con setenta e sete céntimos (8.002,77 €).

c) Importe total: oitenta e oito mil trinta euros con corenta e cinco céntimos (88.030,45 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación.

O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos que deberá rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do IGVS (Polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=232321. Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (núm. 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo