Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55713

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral do cadro de persoal.

Prazas: 1 (unha) asistente de dirección.

Tipo de contrato: temporal de remuda a tempo parcial (75 %).

Proceso selectivo: concurso-oposición libre.

As bases desta convocatoria estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa; rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberanse presentar no prazo de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas polos seguintes medios:

– Taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

– Páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 29 de novembro de 2017

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa