Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55610

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (167/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 167/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Muíño Turnes contra Inaltel, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

Dada conta, visto o estado dos autos, sen proceder a entidade executada á reincorporación do executante, conforme se lle requiriu por providencia do 15.9.2017, convóquese comparecencia do artigo 238 e 280 LRXS co fin de resolver o que proceda en orde á extinción da relación laboral.

Constando en autos a situación concursal da entidade executada, efectúese citación a todas as partes, a administración concursal desta e ao Fogasa.

Sinálase para a celebración da comparecencia o próximo día 30.1.2018, ás 12.45 horas, na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolle saber que debe de asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se vai interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así, acórdao e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíz/a O/a letrado/a da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inaltel, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza