Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da subministración de enerxía eléctrica en media e baixa tensión para as distintas instalacións e dependencias deste concello.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizos Enerxéticos. Nº de expediente: 41.785-444.

2. Obxecto do contrato: a subministración de enerxía eléctrica en baixa e media tensión para as distintas instalacións e dependencias de titularidade do Concello de Vigo nas cales este sexa o titular do pagamento, relacionadas nos anexos I e II do prego de prescricións técnicas, así como a súa xestión integral perante a distribuidora eléctrica.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous (2) anos. Prórroga: dúas dun ano de duración cada una.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 9.734.374,59 euros. IVE para soportar pola Administración: 2.044.218,66 euros. Orzamento total: 11.778.593,26 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b)Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministración por importe igual ou superior á anualidade media do prezo do contrato.

As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación das ofertas: prazo: o prazo rematará o día 4 de xaneiro de 2018.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous (2) meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 27 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación