Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55901

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 5 de outubro de 2017, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos. Para estes efectos, fíxase en vinte e un (21) o número de persoas aspirantes que superaron o exercicio, e cumpren o requisito de teren catro (4) dos oito (8) supostos que contiña o caso práctico con puntuación distinta de cero (0).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal