Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55887

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de novembro de 2017 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 30 de novembro de 2017, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, en execución da Sentenza 307/2017 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de novembro de 2017, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

1g.pdf